
Segundo fixo saber aos medios Manuel Meijide, director do festival galego, os motivos para ter tomado a decisión de recoñecer o labor de Bergés son moitos e variados, pero por enriba de todo salienta o feito de ser “un dos profesionais máis relevantes a nivel internacional no eido dos efectos especiais”. Meijide tamén fixo fincapé na presenza no certame de Carlos Grangel, co-responsable do labor técnico e creativo de grandes filmes como A noiva cadáver, de Tim Burton, e que o sábado 6, ás 11.00 horas, avaliará os detalles das películas Pirates e Hotel Transilvania. Asemade, destacou a participación estes días dos profesionais David Caeiro e Anna Sitja, que traballaron en O Hobbitt de Peter Jackson e que falarán da súa experiencia o sábado ás 12.30 horas.
Comeza na Coruña a edición XII de Mundos Dixitais
Compartir Este Artigo
