
Polo tanto, poderase ter acceso á información dos procedementos, desenvolver trámites ou presentar documentos no rexistro electrónico, así como formular queixas e suxestións, consultar o taboleiro de anuncios da USC ou verificar documentos electrónicos expedidos pola Universidade. O director da Área TIC da Universidade de Santiago de Compostela, Andrés Freire, distinguiu entre os puntos principais desta iniciativa a facilidade para a identificación e o recoñecemento de tódolos servizos que ofrece a sede electrónica, e o calendario que ofrece a Universidade que completa o catálogo de servizos.
De acordo coas propias palabras do reitor, Juan Casares Long, esta é unha ferramenta fundamental para dispoñer dun único punto de acceso que incorpore novos procedementos a disposición de tódolos cidadáns. “O que cambia é o paradigma de relación entre o alumno e a Universidade, mellorando a accesibilidade e a prestación do servizo”, afirmaba o responsable da Unidade de Xestión Académica Ramón García Rey.
A USC avanza na xestión dos seus trámites coa presentación da súa Sede Electrónica
Compartir Este Artigo
