O centro tecnolóxico Gradiant vén de informar de que renovou o Certificado UNE 16002:2006 ata o ano 2016, que lle capacita para desenvolver proxectos no sector de I+D+i na área de información multimodal, redes e aplicacións e, tamén, na área de comunicacións. Esta acreditación, engaden fontes do centro vigués, posibilita unha demostración externa, unha meirande visibilidade a tódolos niveis e a través das máis variadas canles, do nivel de calidade acadado por Gradiant no desenvolvemento das actividades de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i).
Para os responsables do centro, o cumprimento dos requisitos desta norma é de gran axuda para abordar de xeito eficaz calquera traballo relacionado cos devanditos ámbitos temáticos, en parte polo valor engadido de confianza que pon en xogo, en parte polo combustible extra que fornece aos procesos de transferencia e cooperación. Este tipo de avais axudan, ademais, a consolidar a imaxe de calquera entidade, así como a súa competitividade.
Gradiant renova o seu certificado UNE 16002:2006 ata 2016
Compartir Este Artigo
