Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha un directorio independente de artistas galegos: Creatorio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha un directorio independente de artistas galegos: Creatorio

Fernando Sarasketa
Publicado: 19/07/2013
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

creatorio.jpgUnha das cousas boas da Rede é que permite facer visible o que polas razóns que sexan fica agochado aos nosos ollos. Na Internet tíranse abaixo muros e tabiques, bótase luz sobre cousas de valor ata o de agora invisibles. Un exemplo disto é o traballo despregado polos nosos artistas gráficos, ilustradores, artesáns ou fotógrafos, xente relacionada co deseño e coa imaxe dixital/analóxica e que normalmente móvese lonxe, por vontade propia, dos circuítos oficiais e das redes de clientela co poder. Pois ben, unha importante representación destes creadores vén de pór en marcha un espazo visible de seu, un acubillo-directorio independente a disposición do resto da sociedade. Chámase Creatorio e diríxese tamén a “crear unha relación directa entre cliente-creador, propiciando a interacción entre ámbolos dous introducindo espazos adicados ós comentarios sobre actividades e profesionais”.
Asemade encamíñase a estreitar a comunicación, e en consecuencia as posibilidades de colaboración, entre os artistas galegos sexan cales sexan os seus eidos de actividade. O directorio, de balde para creadores e usuarios, aglutina información espallada na Internet para fornecernos dunha xanela única na que petar. Na longa listaxe de obxectivos do proxecto, posto en marcha por Lúa Louro (natural do Ézaro) hai un que implica de cheo aos observadores/consumidores de creatividade galega: cómpre que teñamos en conta, sempre, que hai moito máis do que nos permiten ver os circuítos oficiais, da mesma maneira que hai máis cinema, máis arte, máis literatura, que o que se proxecta, exponse ou publícase.
En Creatorio só aparecerán persoas que residan arestora na nosa terra. Entre os seus cometidos figura o que promover todo tipo de eventos culturais galegos, mobilizando aos artistas para que xunten forzas con colectivos afíns.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?