
As bases da convocatoria guindan a desenvolvedores e organizacións interesadas tres retos, cada un deles asociado a un premio de 10.000 euros. O primeiro reto ten como obxectivo desenvolver aplicacións móbiles que acheguen valor ao colectivo da parálise cerebral, apoiando a súa adaptación e configuracións de accesibilidade. O segundo trátase de identificar unha solución de conectividade de periféricos (sobre todo produtos de apoio) a dispositivos Android. E por último, o terceiro reto quere identificar a mellor solución que facilite o emprego do teléfono móbil mediante a tecnoloxía de acceso por varrido de pantalla.
A Fundación Vodafone España, en colaboración con #ASPACEnet, está a desenvolver a base sobre a que aplicar este conxunto de solucións que vai permitir o manexo do sistema Android e as súas ferramentas mediante o uso de tecnoloxías de apoio (premedores, joysticks, sistemas de varrido, sínteses de voz, etc.) dun xeito “totalmente transversal e personalizable a distintos perfís de persoas con parálise cerebral e aplicacións”. Por iso, das propostas presentadas, valorarase a súa adaptación ao ecosistema #ASPACEnet, informa Vodafone. As bases do I Concurso de Desenvolvedores Fundación Vodafone con #ASPACEnet pódense consultar na web de #ASPACEnet. A data límite para presentar as propostas é o 15 de xaneiro de 2014.
Vodafone e ASPACE convocan a primeira edición dun concurso de tecnoloxías para persoas con parálise cerebral
Compartir Este Artigo
