
Esta petición, engaden, ten a súa raizame no coñecemento recente dos requisitos de titulación esixidos ás persoas interesadas na inscrición nas listas de aspirantes para nomeamentos temporais nas categorías devanditas. Nesa convocatoria, explican os colexios, non se recoñecen as titulacións ligadas á enxeñaría informática ni á enxeñaría técnica en informática como un feito diferenciador respecto doutras. En concreto, para o acceso á categoría de técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información, desde o Servizo Galego de Saúde Pública pídese como requisito a titulación de FP2 ou equivalente na rama informática, e non se lles permite o acceso a esta escala nin aos titulados en enxeñaría informática nin aos titulados en enxeñaría técnica en informática.
A demanda de CPETIG e CPEIG céntranse en que “calquera trámite de persoal ligado ás categorías de técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información, e de técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información se valore e puntúe a posesión dunha das titulacións que habilitan para o desenvolvemento da profesión de enxeñaría e enxeñaría técnica en informática, respectivamente”. A través da carta enviada e asinada polos presidentes das dúas entidades profesionais (Fernando Suárez polo CPEIG e Marcos Mata polo CPETIG), os colexiados defenden unha vez máis a dignificación das súas profesións e erguen a voz contra o que consideran un trato discriminatorio. Asemade, lembran a importancia das enxeñarías en informática, posto que “é vital no desenvolvemento da sociedade actual. Os profesionais da enxeñaría informática posúen un elevado nivel formativo e ofrecen a garantía que a sociedade precisa para o progreso tecnolóxico de Galicia”.
O CPETIG e o CPEIG reivindican as súas titulacións perante o SERGAS
Compartir Este Artigo
