A empresa Lotería Valdés de Barcelona vén de lanzar o que cualifica de “a primeira aplicación móbil que permite mercar lotaría”. A ferramenta, chamada Lottomobile, é un servizo de balde para smartphones e tablets que permite, tamén, reservar décimas da Lotaría de Nadal, do Neno e da lotaría semanal ou facer reservas de Euromillóns, Bonoloto, A Primitiva, El Gordo, A Quiniela ou O Quinigol. A aplicación está dispoñible para sistemas operativos Android e Apple, e, segundo advirten dende histórica administración catalá, “trátase da primeira do mercado que permite dar a posibilidade de mercar lotaría ou gardar números favoritos para repetir reservas”. Tamén posibilita facer xogadas aleatorias, deixando que o sistema escolla os números.
Lembrar que Lotería Valdés iniciou a súa actividade online hai máis de 10 anos coa posta en marcha da súa páxina web de seu. Asemade, dende 2008 a administración ofrece a posibilidade de participar e comprar online nos xogos de Lotarías e Apostas do Estado, e en 2011 lanzou a adaptación de compra online a través do móbil.
Lanzada a primeira aplicación móbil que permite mercar lotaría
Compartir Este Artigo
