
Segundo informaron, a devandita aplicación permitirá alertar ao paciente ou coidador do incumprimento na toma da súa medicación e rexistrar se se efectuou. Ademais, os farmacéuticos contarán cun portal web que lles dará a posibilidade de xestionar a medicación dos pacientes incluídos no programa, notificacións ou recordatorio. O programa desenvolverase en 60 dispensarios de Badaxoz, Barcelona, Cáceres e Bizkaia, e permitirá “pór en valor os servizos asistenciais da Farmacia Comunitaria, conseguindo unha maior seguridade e efectividade da medicación, aumentando a calidade de vida do paciente e mellorando a sustentabilidade do Sistema de Saúde”, informa a operadora, que engade que está previsto para outono que se poña en marcha un estudo con 224 doentes que avaliará o impacto do programa en termos de custe-beneficio e de saúde.
As farmacias participantes na iniciativa desenvolverán un conxunto de servizos asistenciais e empregarán ferramentas de reforzo á adherencia (novas tecnoloxías e sistemas personalizados de dosificación). O programa está impulsado polo Consello Xeral e os Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Badaxoz, Barcelona, Cáceres e Bizkaia, xunto coa Agrupación Farmacéutica Europea. Para o seu desenvolvemento conta coa colaboración de Esteve e cos apoios ao programa de Fundación Vodafone España e Anota.
Vodafone dará soporte a un programa de atención farmacéutica para persoas de idade
Compartir Este Artigo
