Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un estudo certifica cal sería o navegador ideal para os internautas: o ChromeFox
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un estudo certifica cal sería o navegador ideal para os internautas: o ChromeFox

Fernando Sarasketa
Publicado: 05/08/2013
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ChromeFox_infografia.jpgDende PortalProgramas.com veñen de facer un interesante estudo sobre cal sería o navegador que, facendo medias de servizos, calidades e opinións, máis satisfaría en termos xerais á comunidade internauta. O estudo, que comezou derivando cara a declaración de concurso deserto (os expertos implicados, por así dicilo, metéronselle no ensarillado de elixir entre mamá e papá), foi logo orientándose cara o terreo do utópico, que é onde se acumulan as cousas como nos gustaría que fosen. Este foi o motivo de que o navegador que se impuxo resultase finalmente ChromeFox, o navegador definitivo que reúne o mellor de dúas das ferramentas web máis populares da actualidade, Chrome e Firefox. O recurso elixido só ten un problema: non existe.
Porén, non hai quen lle tusa. E máis se temos en conta que abrangue a velocidade de carga inicial de Firefox (nas probas máis recentes Firefox iníciase máis rápido), a compatibilidade con con HTML5 e CSS3 de Chrome (un dos puntos portes de Chrome), a tenda de complementos de Firefox (que segue contando con certos complementos exclusivos, sinalan, que en gran medida publicáronse alí grazas á política máis aberta dos desenvolvedores de Mozilla) ou as pestanas en procesos separadas de Chrome (outro dos puntos fortes deste buscador, con cada pestana baseándose nun proceso separado que ao pecharse libera memoria de xeito inmediato). Así nos explican dende PortalProgramas.com o xermolo deste curioso estudo: “Tras a caída de Internet Explorer, Firefox converteuse na alternativa favorita, para daquela ser relegada a un segundo posto coa incrible velocidade e lixeireza de Chrome; pero neste mundo de constantes actualizacións nada é definitivo, e recentemente puidemos ver como Firefox pisaba o acelerador ata exceder ao navegador de Google en benchmarks como o de Tom”s Hardware”. Esta incerta carreira, unido ás moitas vantaxes que acubillan cada un dos navegadores, non fixo máis que impulsar a creación de ChromeFox, unha ferramenta na que todo pinta ben, sinalan, comezando polo nome.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?