
De feito, o Comité de Empresa denunciou xa que a dirección de Arteixo Telecom non permitiu o acceso dos empregados ás instalacións da firma nas Pontes, logo do remate das vacacións de agosto. O feito rematou cunha concentración dos traballadores ás portas da sede empresarial. Lembrar que a firma foi declarada en maio en concurso de acredores. Logo foi achegado o expediente de regulación de emprego temporal.
O acontecido este luns logo da parada vacacional, ás portas das instalacións das Pontes, súmase ás xornadas de mobilización dos traballadores da planta, que se concentraron o pasado xoves diante do edificio da Xunta na Coruña, no transcurso dunha reunión dos representantes sindicais coa delegada provincial Belén do Campo. Entre outras cousas, esíxese a materialización “dun plan de viabilidade real”, no que se manteñan os postos de traballo, e o compromiso da Xunta ante o risco de peche da empresa.
Os empregados de Arteixo Telecom piden o mantemento dos seus postos de traballo e da propia empresa
Compartir Este Artigo
