
O evento, que chega á súa oitava edición, terá lugar entre o 20 e o 22 de novembro nas instalacións do Parque Tecnolóxico de Galicia, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas. A súa celebración, engade a Tecnópole, é posible grazas ao apoio da Consellería de Economía e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación.
O requisito fundamental para participarmos é formar un equipo no que concorran varios alumnos e un profesor e contar a idea en tres folios, xa sexan proxectos experimentais e tecnolóxicos ou traballos documentais. Este ano haberá en Galiciencia, entre outras actividades, varios obradoiros relacionados coa celebración do Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga e un espectáculo científico que poderá seguirse en streaming (en vídeo vía internet) dende todos os centros de ensino de Galicia. Como novidade, a programación da Galiciencia incluirá este ano unha actividade demandada polos docentes galegos e que se vai desenvolver previamente á celebración do evento: entre outubro e principios de novembro celebraranse nas catro provincias obradoiros de capacitación dirixidos aos profesores e profesoras para que poidan axudar aos seus estudantes a preparar proxectos científicos e tecnolóxicos, tanto para presentar á edición da Galiciencia do ano vindeiro como a outros certames semellantes estatais.
En marcha a achega de propostas a Galiciencia 2013
Compartir Este Artigo
