
A primeira tarefa a realizar pola nova estrutura, engádese “será a de coñecer polo miúdo as empresas socias, polo que os esforzos centraranse na realización de reunións con todas para recoller información de primeira man das empresas, dos seus produtos e servizos, das súas necesidades e das súas demandas”. Unha información que o Clúster cualifica de “fundamental” para elaborar accións e proxectos de interese para as empresas socias, potenciar o coñecemento e a colaboración entre empresas, ampliar os servizos para socio, dar forma ao catálogo de competencias TIC en Galicia e elaborar a axenda de internacionalización.
O Clúster TIC amplía persoal e anuncia visitas a tódolos seus membros
Compartir Este Artigo
