Os expertos en seguridade veñen de descubrir o primeiro troiano móbil que se espalla a través de redes botnet doutros grupos de ciberdelincuentes. Segundo informa Kaspersky, empresa responsable do achado, a infección en cuestión chámase Obad.a, e é unha aplicación maliciosa para o sistema Android, no que fai gala da devandita técnica para propagarse, ata o de agora nunca vista. Obad.a localízase sobre todo en Rusia e na Comunidade de Países Independentes (ex repúblicas soviéticas). De feito, o 83% dos intentos de infección rexistráronse en Rusia, mentres que tamén se detectou nos dispositivos móbiles en Ucraína, Bielorrusia, Usbequistán e Kazajstán.
Segundo se explica, o modelo de distribución contou con diferentes versións de Obad.a, propagándose a través de Trojan-SMS.AndroidOS.Opfake.a. A infección comeza co subministro dunha mensaxe de texto aos usuarios, convidándolles a entrar nunha ligazón; de premer nela, o arquivo que contén Opfake.a descárgase de xeito automático no smartphone ou tablet. A partir de aí, o programa envía mensaxes a tódolos contactos do dispositivo infectado, proceso que nun caso concreto (un usuario ruso) chegou a superar a liña das 600 envíos en só cinco horas. A infección tamén se estendeu a través de tendas de aplicacións falsas: copiando o contido de páxinas de Google Play, e substituíndo as ligazóns lexítimas por outras maliciosas. Así, todos os usuarios de calquera aparello, sexa cal for o seu sistema operativo, poden ser redirixidos a estes sitios falsos, aínda que só os usuarios de Android corren o risco de ser infectados.
Descuberto o primeiro troiano móbil espallado en redes botnet doutros delincuentes
Compartir Este Artigo
