A nosa terra acáelle a Twitter coma unha luva, ou ao revés. Así nolo conta Alberto Quian este mércores, a través dunha exhaustiva e interesante reportaxe sobre ata que nivel se están a producir chíos na dita rede social que mencionen a Galicia: unha media diaria de 1.422. Isto sitúanos aos galegos como os terceiros máis twitteados de todo o conxunto do Estado, deixando ás nosas costas un ronsel de preto de 4 millóns de chíos incluíndo referencias á nosa terra. Dende logo e tal e e como era de agardar, a traxedia de Angrois amosou un importante potencial á hora de facer subir as cifras das estatísticas, sendo un tweet da Policía para doar sangue logo do sinistro do Alvia o que máis repercusión acadou de tódolos devanditos.
Alberto Quian tamén nos lembra que da cifra dos case 4 millóns de chíos, unicamente 721.253 foron xeolocalizados na nosa xeografía, ou sexa só o 19%. Por comunidades, Madrid con 257.881 e Andalucía con 202.622 son as que máis semellan interesarse polas nosas cousas na comunidade 2.0.
Galicia, no terceiro chanzo do podio das comunidades que máis figuran en Twitter
Compartir Este Artigo
