
Entre outros profesionais, no encontro deste mércores participarán os responsables de Zertia Telecom, provedor de servizos xestionados de telecomunicacións e operador de datos para empresas. Segundo nos recordan dende Zertia, o Gran Hotel Araguaney (o escenario elixido para esta apertura de tour) acubillará interesantes relatorios de interese para as empresas, facendo fincapé en como axeitar as infraestruturas tecnolóxicas ás contornas móbiles, ou na necesidade de desenvolver e integrar servizos cloud.
Pola parte de Zertia falará José Joaquín Loza, responsable de desenvolvemento de negocio, que fará xirar o seu relatorio arredor de presente e o futuro dun departamento empresarial ou institucional de novas tecnoloxías, salientando a potencialidade de conceptos como as comunicacións xestionadas e a computación na nube neste ámbito. Tras a súa visita á capital galega, o tour pasará por Santander, Málaga, Barcelona, Mallorca, e Barcelona.
Amais das devanditas achegas de Zertia, na xornada falarase sobre: BYOD, banda larga sen fíos (Wi-Fi, WiMax, LTE), redes definidas por software (SDN), virtualización de escritorios (VDI), mobilidade, comunicacións unificadas, centros de datos, etc… Dicir que patrocinarán este foro empresas como Cambium Networks, Huawei, Colt Technology, TomTom, APC by Schenider, Novell ou DELL, entre outras.
A mobilidade e a nube, os eixes da xornada de @asLAN este mércores en Santiago
Compartir Este Artigo
