Na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros de hoxe o ministro de Xustiza, Alberto Ruíz-Gallardón, defendeu a reforma penal cuxo anteproxectgo presentouse o 11 de outubro de 2012 e que non se trataría dunha simple modificación do Código Penal de 1995, senón dunha “auténtica transformación que era absolutamente necesaria” e que, entre outras cousas, busca “dar resposta a novos xeitos de delincuancia”.
Entre as novidades do Código destaca o ámbito da propiedade intelectual e industrial, que incorpora a persecución da explotación económica, reprodución, plaxio, distribución e comunicación pública dunha obra sen autorización dos titulares, con ánimo de obter un beneficio directo ou indirecto (por exemplo, a través de publicidade), así como facilitar o acceso á localización de obras ou prestacións protexidas na Internet.
Tipifícase expresamente a achega de medios para suprimir ou neutralizar as medidas tecnolóxicas para protexer a propiedade intelectual.
O obxectivo da reforma é perseguir ás páxinas web que permiten a obtención dunha listaxe de ligazóns a través das que pódese acceder ilicitamente a obras protexidas por dereitos de autor, sen buscar actuar contra usuarios ou buscadores neutrais, nin contra os programas de intercambio de ficheiros. Mantéñense as penas mínimas previstas, pero as condutas máis graves poderán sancionarse con ata 6 anos de cadea, ao terse apreciado unha desproporción de penas ao comparar estes con outros delitos que tamén atentan contra a propiedade.
Pola súa banda, nos delitos contra a propiedade intelectual diferenciarase a responsabilidade penal de importadores e distribuidores maioristas, que verán agravada a súa pena, mentres que os distribuidores minoristas e vendedores ao público verana atenuada proporcionalmente en función da súa responsabilidade. Nos casos dos coñecidos como manteiros as penas que poderían incorrer serían idénticas as actuais.
Os delitos contra a propiedade intelectual terán penas de ata 6 anos de cadea
Compartir Este Artigo
