
Para facer máis doada a asistencia ao evento, as persoas que acudan ao encontro informático en tren poderán beneficiarse dun 30% de desconto no billete de Renfe. Cómpre dicir que dende o luns 16 de setembro xa se atopa aberta a inscrición para esta party de gaming e lecer electrónico, que terá un custo de 20 euros por persoa e que estará conectada á Internet cun caudal de 10 Gbps, garantindo unha boa conectividade que permitirá que cadanseu usuario poida gozar dunha boa experiencia en liña. Engadir que á parte da LAN Party tradicional, InterGalNet tamén contará con zona de acampada, zona de lecer-espectáculo, paintball, zona retro, simuladores… completando un catálogo de actividades que buscarán amenizar os 3 días nos que tamén poderán probarse en vivo algunhas das novidades do sector dos videoxogos entre as que se agarda estean as consolas de nova xeración que sairán á venda nos días seguintes ao encontro.
Cómpre salientar que esta primeira edición de InterGalNet xa comezou a difundir as súas actividades dende o 23 de setembro, pois logo da súa presentación oficial o pasado 18 de setembro, levábanse a cabo unha serie de actos promocionais en Lugo, “cunha posta en escena propia dun videoxogo”, informaron os responsables do evento.
Pois esta primeira edición de InterGalNet -que como xa apuntamos, estará adicado ás novas tecnoloxías, ao gaming e ao lecer electrónico- contou así co hammer promocional da campaña e cun equipo de 5 persoas caracterizadas como o senlleiro xogo Call of Duty, é dicir: a xeito de militares para entrar en combate. Dicir que a dita promoción, partía ás 11:30 h do Parque de Rosalía e levaba o evento ata a Praza do Seminario, coincidindo o acto co recreo dos institutos da zona, pois o público ao que vai encamiñado este evento é o adolescente, principal destinatario deste salón InterGalNet.
A acción promocional de InterGalNet vista en vídeo
InterGalNet celebra en Lugo o hammer promocional da súa campaña
Compartir Este Artigo
