Nun trimestre no que HTC rexistra perdas por primeira vez temos como contraste que Samsung anuncia uns ingresos estimados de 59 billóns de wons (40.436 millóns de euros) cuns beneficios operativos de 10,1 billóns de wons (6.922 millóns de euros) o que suporía os mellores resultados históricos da compañía, cun incremento interanual do 13% en vendas e do 25% nos beneficios, superando as previsións de moitos analistas.
Samsung estaría a conseguir manter o ritmo de crecemento da venda de smartphones, o que é todo un reto, pois estamos ante un mercado que está a achegarse á súa saturación, polo que boa parte do crecemento de Samsung e a costa dos seus competidores.
A compañía surcoreana tamén estaría a demostrar que o feito de comercializar tanto dispositivos de baixa como de alta gama é todo un acerto, colocando un volume impresionante de dispositivos de gamas media e baixa no mercado (especialmente a través de compañías de telefonía que os subvencionan/financian) e conseguindo que os seus móbiles máis potentes poidan ter unha imaxe comparable á dos produtos de Apple (un dos detalle chave para consolidar a posición líder da compañía).
Samsung pecha o trimestre con beneficios record
Compartir Este Artigo

