Algúns usuarios están a dar conta da nova opción de configuración en TwitterTwitter leva un tempo mudando o xeito no que funcionan o seu sistema de mensaxes directas, por exemplo, para facilitar a sincronización entre distintos dispositivos, e agora está a xurdir unha interesante opción que aínda non está implantada globalmente e que consiste en que un usuario poderá recibir mensaxes directas de usuarios aos que non segue, o que agradecerán especialmente os usuarios que teñen un número moi elevado de seareiros, que poderán agora manter conversas privadas cos mesmos sen verse forzados a seguilos para manter a comunicación lonxe de miradas alleas. Esta nova opción figura no menú de configuración de Twitter, e de xeito predeterminado virá desactivada (en boa medida, para evitar que xurda unha nova modalidade de spam nesta plataforma social), aínda que é de agardar que cando estea dispoñible para todos os usuarios as empresas tendan a facer uso desta función para poder comunicarse cos seus clientes.