
De feito, a xornada comezará ás 10.00 horas coa presentación de Visual Studio e TFS, facéndose fincapé na última versión destas ferramentas e servizos para desenvolvedores e nas novidades que acubilla. De seguido, será a quenda de explicar como Windows 8.1 pode axudar no día a día dun desenvolvedor de aplicacións móbiles, contribuíndo a que afine a puntería e a promovela de maneira axeitada.
Na sesión, informou previamente a USC, tamén participarán Alfredo Bermúdez de Castro -responsable de Desenvolvemento de Negocio de RedEmprendia- quen traballará cos emprendedores sobre como presentar de xeito efectivo os seus proxectos e ideas de negocio. Intervirá tamén Guillermo Viña -xerente de IGAPE Nova– quen falará sobre o actual ecosistema de apoio ao emprendemento en Galicia e resolverá dúbidas sobre as axudas existentes. Asemade, neste TechDay Tour presentaranse servizos e apoios de Microsoft para a comunidade emprendedora (programas BizSpark e Microsoft Ventures), testemuñas de emprendedores e unha sesión de networking.
O TechDay Tour de Microsoft percorrerá nos meses de outubro e novembro outras cinco cidades españolas: Barcelona, Bilbo, Valencia, Sevilla e Logroño.
Engadir que a asistencia a todas as sesións deste TechDay Tour 2013 é gratuíta (previa inscrición, xa que as prazas son limitadas). A continuación damos conta do programa achegado por Microsoft.
Axenda Mañá: Sesión desenvolvemento: rexistro
09:30 – 09:45 – Rexistro de asistentes
09:45 – 10:00 Benvida
10:00 – 10:45 -Visual Studio e TFS: o que nos trae o 2013
A última versión das ferramentas e servizos de Microsoft para desenvolvedores vén cargada de novidades.
10:45 – 11:30 -As Apps que non amaban aos desenvolvedores.
Somos bos desenvolvedores? Sabemos as APIs. Non hai nin un só warning na consola? Por que non me quere o meu App?
Presentación de Microsoft: Se algunha vez te sentiches así, esta é a túa sesión. Crear unha app é moito máis que compilar código. Non só precisamos un código robusto, tamén que a nosa arquitectura nos permita evolucionala, ter unha UX coidada e ser capaces de promocionala adecuadamente. “Afortunadamente, Windows 8.1 facilítanos o traballo con novas APIs para reducir o tempo de desenvolvemento e mellorar a arquitectura”, informa Microsoft ao respecto desta sesión, que se quere empregar para crear aplicacións visualmente atractivas usando as novas APIs de Windows 8.1 e seguindo patróns arquitectónicos e boas prácticas.
11:30 – 11:45 – Descanso
11:45 – 12:30 -Espreme as teus apps de Windows Phone ao máximo
Cales son os erros máis comúns que cometemos ao desenvolver as nosas apps para Windows Phone? Como podemos evitalos e mellorar as nosas apps? Como podemos chegar ao maior número de xente posible? E como podemos beneficiarnos de todo isto?
12:30 – 13:15 -Súbete á nube con Windows Azure
Nesta sesión veremos que solucións sostén Microsoft que se axustan mellor ao noso equipo e tipo de proxecto (independentemente da linguaxe que usemos). Ademais repasaranse as novidades de Windows Azure.
14:00 15:00 Descanso
Tarde: Sesión infraestrutura: rexistro
14:45 – 15:00 – Rexistro de asistentes
15:00 – 15:10 Benvida
15:10 – 15:30 Novidades en Windows 8.1 para IT Proles
A contorna de cada quen cambia e Windows achega as novas versións de Windows Server R2 e Windows 8.1. Esta sesión descobre que novidades traen.
15:30 -16:00 Novidades en Windows Server 2012 R2
Microsoft amosa a súa visión de Cloud VOS con esta nova versión de Windows Server. Coñeceremos os cambios realizados e as melloras introducidas en almacenamento, infraestrutura, virtualización de rede, etc.
16:00 – 16:45 Virtualización con Hyper-V en Windows Server 2012 R2
Amosarase como Microsoft busca con cada versión de Hyper-V satisfacer as necesidades tecnolóxicas das empresas. Descubriranse as novidades incluídas coa nova xeración de máquinas virtuais, o modo de sesión mellorado, as migracións de máquinas virtuais, etc.
16:45 – 17:00: Descanso
17:00 – 18:00 – Na nube ou no teu datacenter? O potencial de Windows Azure na xestión das contornas con System Center.
Agora Windows Azure, informa Microsoft, ofrece a opción de infraestrutura como servizo que permite despregar sistemas directamente na nube obtendo todas as vantaxes do cloud computing. Tamén permite integralo en sistemas on-premise de forma transparente.
Axenda Mañá: Sesión emprendedor: rexistro
09:45 – 10:00 – Recepción e rexistro de asistentes
10:00 – 10:30 – Que ofrece Microsoft para os emprendedores? Bizspark & Microsoft Ventures
10:30 – 10:45 – Testemuño Emprendedor
10:45 – 12:00 – Pitch perfect. Oportunidade para que os emprendedores compartan o seu proxecto. Recibirán orientación profesional
12: 00 – 13:00 – Open conversations: Espazo para establecer diálogo, fomentar networking
Microsoft informa das cousas que vai presentar no seu TechDay de Santiago, o 19 de novembro
Compartir Este Artigo
