A segunda das intervencións das Xornadas de Informática Xudicial que organiza este venres o CPETIG na Cidade da Cultura virá da man de Alberto Redondo Sánchez, capitán da Garda Civil da Unidade Técnica da Policía Xudicial e xefe do Grupo de Delitos Tecnolóxicos. O seu relatorio afondará nos Riscos da ciberseguridade nun mundo hiperconectado. Lembrar que o Grupo do que forma parte Redondo Sánchez centra o seu labor en todos aqueles delitos que se cometen a través de Internet.
A súa actividade ten medrado moito nos últimos anos, conforme ao crecemento experimentando por este tipo de delitos (máis internautas, máis servizos, máis aspectos e procesos da nosa vida envorcados nas redes). Cómpre lembrar que só en 2012 rexistráronse en España 750 detencións relacionadas con ameazas e calumnias na Rede. O traballo en materia de investigación e persecución de delincuentes do Grupo compleméntanse cun incansable labor de divulgación, un exemplo disto é a presenza do noso relator nas xornadas do CPETIG. Redondo tense significado na necesidade de sensibilizar e concienciar aos internautas sobre as implicacións das tecnoloxías que usan. Segundo ten comentando en congresos e publicacións, “cómpre que teñamos en conta que os computadores son unha xanela ao exterior”, e que calquera expresión que mova ao odio ou á discriminación cara certos colectivos poden ser constitutivos de delito.
O capitán Alberto Redondo Sánchez achegará nas Xornadas de Informática Xudicial a visión da Garda Civil
Compartir Este Artigo
