
Entre as novidades de BlackBerry 10.2 están un novo Priority Hub (que dá prioridade ás conversas máis importantes); a videoconferencia en BBM incorpora a tecnoloxía Natural Sound; vista previa instantánea de BBM, o correo electrónico ou as mensaxes de texto dende calquera outra aplicación (o que permite manter unha conversa mentres navegamos pola web, vemos un vídeo…); mellora no sistema preditivo do teclado; unha función de copiar e pegar máis precisa e rápida; un sistema para compartir contidos máis áxil (o sistema aprende, para que cando premamos na opción de compartir aparezan antes as nosas plataformas máis habituais, evitando pasos na operación); notificacións na pantalla de desbloqueo; programación de respostas automáticas (por BBM, SMS ou e-mail) cando recibamos unha chamada e esteamos ocupados; así como melloras no calendario (como unha función que permite avisar aos participantes dunha xuntanza cando chegamos tarde).
BlackBerry 10 recibirá unha actualización esta semana
Compartir Este Artigo

