
Segundo os datos do INE, un 61,5% dos internautas galegos obtivo información de páxinas web da Administración (5,5 puntos máis que a media estatal), un 43,1% descargou formularios oficiais (3,5 puntos máis que a media estatal) e un 33,6% enviou formularios cumprimentados a través de Internet (1,7 puntos máis que a media estatal).
Boa parte disto fíxose a través da sede electrónica posta en marcha ao abeiro do Plan de Modernización da Administración Autonómica, unha ferramenta para a xestión telemática de cidadáns e empresas e que tamén guinda unha serie de datos interesantes sobre o seu seguimento. Segundo informa AMTEGA, nos primeiros nove meses do ano presentáronse máis de 11.000 procedementos online a través da dita sede. Esta ten a día de hoxe dispoñibles preto de seiscentos procedementos e no que vai de ano recibiu máis de 200.000 visitas, “case o dobre das realizadas en todo o 2012”. Segundo engade a Axencia, o pasado mes de setembro o número de presentacións electrónicas creceu medrou de xeito significativo respecto ao mesmo período do ano anterior, pasando de 143 a 3.074.
