Finalmente a oferta de compra de Fairfax Financial Holding Limited por BlackBerry por un montante total de 4.700 millóns de dólares (a razón de 9 dólares por acción) non se consolidou, e a empresa canadense informa hoxe de que pechou un acordo no que Fairfax achega 250 millóns de dólares e outras compañías outros 750 millóns (que corresponderían ao 16% do valor das participacións de BackBerry), nunha operación que pecharase nun par de semanas e que suporá unha revitalización da compañía e a saída da mesma de Thorsten Heins (que podería recibir uns 22 millóns de dólares en compensación polo seu cesamento) e David Kerr á fronte da compañía, pasando a liderar a empresa John S. Chen, adoptando tamén un posto de responsabilidade Prem Watsa, director xeral de Fairfax.

O anuncio realizado hoxe afectou seriamente á cotización bolsista de BlackBerry, que na apertura dos mercados estaba no contorno dos 6,48 dólares, o que supón unha capitalización da compañía duns 3.450 millóns de dólares (moito menos dos 4.700 millóns que agardaban que Fairfax pagase pola empresa).
Fracasa a compra de BlackBerry por parte de Fairfax
Compartir Este Artigo

