A Universidade de Vigo segue adiante impulsando segundas e mesmo terceiras vidas posibles para os equipos informáticos sobre o papel obsoletos da comunidade educativa e da contorna xeográfica da cidade, unhas tarefas exemplares de substentabilidade das que xa dimos conta en 2008, coa actividade de reciclaxe e aposta polo software libre que levaba a cabo o Grupo de Reciclaxe Informática da UVigo. Agora, a Área de Voluntariado da institución educativa vén de publicar unha convocatoria para colectivos que desexen recibir en doazón o material informático que xa non emprega.
Todos estes equipos incluirán programas abertos e veñen acompañados de labores de instalación e asesoramento no seu uso. A convocatoria está aberta a asociacións e outras entidades sen arela de lucro, que teñan sede en Pontevedra ou Ourense (o ámbito dos tres campus da UVigo). Nas bases prégase que para un mellor aproveitamento dos recursos, os interesados deberán dicir cales son as súas necesidades específicas, a finalidade dos computadores a empregar e o tipo de aparello que se precisa.
A UVigo abre unha convocatoria de doazóns de material informático con software libre
Compartir Este Artigo
