
O evento mantén o mesmo espírito co que naceu en 2010, que non é outro que o de achegar emprendedores e investidores para favorecer o financiamento de proxectos innovadores de base tecnolóxica, abrindo fronteiras para o tecido emprendedor e empresarial galego, mellorando a súa calidade e competitividade, e ampliando as oportunidades de internacionalización a través do coñecemento e da innovación.
VCN”13 está organizado polo Clúster TIC Galicia en colaboración con Xesgalicia e conta co patrocinio de Novagalicia Banco e o Concello de Santiago de Compostela. Pola súa banda, desde o consistorio compostelán sinálase que VCN”13 dará a coñecer os servizos e actividades que o Concello de Santiago ten a disposición das empresas e das persoas emprendedoras. Como colaborador na organización do evento xunto ao IGAPE, Xesgalicia destaca participar na preselección dos proxectos. Por outra banda, XesGalicia estivo realizando diversas reunións de traballo con investimentos privados. Nestas reunións falouse tamén do IV encontro Vindeira Capital Network e convidouse aos asistentes a participar nel.
Os proxectos preseleccionados nesta edición son os seguintes: Phottic, Cilenis, Creappcuentos, Escompring, Hintd, Pucapp, Betfolk, Kiply, Neteleven, OSM Lab, Postrum, Signedoc, Sinaturas, Dlooking, Torus, Wekab. E os inversores participantes en VCN”13 son: Active Venture Partners, Ámbar, Big Sur Ventures, Bullnet, Business In Fact, Caixa Capital Risc, CDTI, Creaventure, DCN / Realiza Business Angels, Efizenza, Emprende Capital, Enisa, Everis, Faraday Venture Partners, Fundación Bankinter, Fundación Entrecanales, G8 Capital, Inveready, Kibo Ventures, Lanta Capital Ventures, MITEF e Sitka Capital.
Compostela acolle a vindeira semana a cuarta edición da Vindeira Capital Network
Compartir Este Artigo
