
Segundo engadiron os responsables do proxecto, o que se pretende é dar coñecer o activismo e creación cultural da contorna, aos artistas e creadores, e ao mesmo tempo ofrecer un repositorio no que albergar as publicacións, os vídeos ou as fotografías que se acheguen e que se van pór a disposición gratuíta de todos e todas. A filosofía do proxecto descansa polo tanto en tres pés, tal e como fixeron saber. Estes pés son o seu carácter aberto, colaborativo e non lucrativo. Así, explicaron, “calquera pode contribuír coas súas achegas a construción deste portal web en cada un dos seus ámbitos de recollida e difusión; é colaborativo porque non contamos con ningún tipo de axuda institucional e, xa que logo, descansamos no traballo gratuíto e nas achegas de todos e todas, quen desinteresadamente coincida co noso ideario de socializar e poñer en valor a nosa cultura e o noso entorno natural; ademais de todo o devandito non se poñerá publicidade nin se buscará subvencións ou axudas que poñan en perigo a independencia do proxecto, non obtendo ningún beneficio económico ningún dos que interveñen na posta en marcha desta iniciativa”.
Desde o punto de vista técnico a páxina aloxará arquivos de imaxe, vídeos, documentos, audio, etc… que poderán ser consultados en calquera dos dispositivos actuais (pc, tablet, móbil, etc…)
Novo portal cultural galego de filosofía aberta e cooperativa: tabeirosmontes.com
Compartir Este Artigo
