Vodafone España vén de informar dunha fonda renovación de toda a súa oferta de contrato, sen deixar modalidade sen actualizar. A iniciativa, que segundo apunta a operadora responde a súa aposta pola transparencia e a súa vontade de cumprir polo miúdo co estipulado polo Instituto Nacional de Consumo en relación aos dereitos dos clientes, significa entre outras cousas que a partir de xa incluirase o IVE en toda a comunicación dos novos plans de prezos da compañía.
Por outra banda, a oferta simplifícase con tres familias de plans: Vodafone Base (dende sete euros ao mes, dirixida aos clientes que queren pagar só polo que falan e incluíndo datos para navegar de ata 1GB), Vodafone Smart (dende 18 euros ao mes, inclúe 200 minutos de voz para calquera plan de prezos da familia e dende 600 MB a 1,2 GB de navegación a velocidade 4G) e Vodafone Rede. A idea básica, a este respecto, é achegar custes máis flexibles que permitan ao usuario adaptar a tarifa ao seu uso real, nin máis min menos (pagarase só polo que se fala ao tempo que se goza de servizos básicos de navegación).
Por certo que anuncio de Vodafone tamén incorporou novidades sobre os plans de prezos para a vindeira campaña de Nadal, que son o Rede S (600 MB de datos e chamadas e mensaxes sen límite por 30 euros ao mes) e Smart L (2GB de datos e 200 minutos de voz por 30 euros ao mes). Estes dous plans lánzanse en promoción para seren contratados ata o 31 de xaneiro do ano que vén.
Informar tamén que todos os plans Smart e Rede inclúen gratis e por defecto 4G, ofrecendo a posibilidade de acadar velocidades de navegación de ata 150 MB (en zonas de cobertura e con terminais compatibles) na rede 4G pioneira en España.
Vodafone España remodela toda a súa oferta de contrato
Compartir Este Artigo
