
Segundo informa o CNTG, como evolución das sucesivas versións de Oracle Database, a versión 12c incorpora novas funcións a través de Oracle Multinetant que permiten aproveitar as vantaxes da nube e que inclúen o uso compartido de recursos e a flexibilidade da xestión. “Un dos aspectos esenciais”, engaden fontes do centro, “consiste na consolidación das bases de datos baseada en esquemas sen ter que efectuar cambios nas aplicacións existentes; deste xeito a versión 12c permite que unha soa base de datos contedor multitenant acubille múltiples bases de datos conectables”. A maiores, cada base de datos que se consolida ou conecta a multitenant ten o mesmo aspecto e comportamento que as versións anteriores ao dito afianzamento.
O relator da xornada será José Álvarez Gómez, integrante do equipo Oracle University, experto en bases de datos Oracle e gran coñecedor doutras áreas como Oracle Linux, VM Server, Exadata, Big Data etc… José Álvarez é un dos poucos expertos que posúen a certificación OCM 11g da base de datos Oracle. O acceso ao seminario, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do CNTG, é de balde e condicionado ao aforo do local. O acceso ao salón de actos para aquelas persoas non inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento.
O CNTG acolle o 17 de decembro un seminario técnico sobre a nova ferramenta para a nube de Oracle
Compartir Este Artigo
