O Espazo Microsoft da rúa Fuencarral de Madrid abriu as súas portas este 26 de novembro. A idea da multinacional é manter neste emprazamento dunha dupla liña de actividade: por unha banda lanzalo como punto de información sobre as cousas nas que traballa a compañía (e os seus xeitos de traballar) e pola outra banda desenvolvelo como unha especie de obradoiro vivo de tecnoloxías. Segundo apunta Microsoft, estamos ante “un punto de encontro crave no que experimentar, descubrir, crear e compartir, mediante o uso da tecnoloxía máis innovadora”. No vindeiras seis semanas, apunta, está prevista a visita ao Espazo Microsoft de máis de 20.000 persoas. Perante súa, terán as actividades de máis de 30 profesionais, entre deseñadores, emprendedores, músicos, artistas, cociñeiros, desenvolvedores de aplicacións ou especialistas en TIC.
Esta vertente divulgadora será especialmente activa entre hoxe o 5 de xaneiro, cun programa de apertura do Espazo Microsoft que incluirá obradoiros, eventos e conferencias “para tódalas idades e públicos”, informan os responsables deste novo centro social e empresarial, de cuxa axenda de eventos podemos dar conta xa na páxina de seu. As liñas-ámbitos de actividade do Espazo son as seguintes: Espazo de Coworking (tecnoloxías e emprazamentos da casa a disposición dos profesionais), Microsoft Talks (acubillo de conferencias dirixidas a compartir ideas sobre o impacto da tecnoloxía na vida cotiá, por alí pasarán estes días persoeiros como Carlos Holemans, Alfonso Alcántara, Pedro Clavería, Clara Ávila, Paco Morales ou Darío Barrio), Concertos (música de vangarda cada domingo) e Actividades (obradoiros para desenvolvedores, charlas educativas, etc).
A maiores, hai espazos dirixidos a familiarizar á cidadanía coas máis recentes achegas da multinacional. Segundo informa Microsoft, “os dispositivos e os servizos da compañía estarán sempre presentes no Espazo Microsoft e todos os asistentes poderán probar, tocar e gozar con tecnoloxías como a recentemente lanzada Xbox One, os últimos terminais Windows Phone ou as renovadas Surface 2 e Surface Prol 2”. Este contacto cos usuarios levarase a cabo na Zona Xbox One, na Zona Windows Phone e na Zona Demo.
O Espazo Microsoft abre as súas portas na rúa Fuencarral de Madrid
Compartir Este Artigo
