Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración da Noite Galega das Telecomunicacións por parte de COETG-AETG, entidade que tamén presenta unah guía de boas prácticas para o despregamento de infraestruturas de telecomunicación.
Tamén destacamos outros temas como: – O 4G de Vodafone chega a Vigo – O Cúster TIC celebra unha nova edición de Vindeira Capital Network – O CITIC amosa a súa innovadora tecnoloxía de diagnose da apnea do sono – Telefónica entre no Pacto Dixital de Galicia cun Centro de Emprendemento TIC no Gaiás – Últimas novidades TIC das empresas de Ineo – Telefónica anuncia a chegada do 4G ás cidades galegas – A Deputación de Pontevedra amosa os seus froitos recentes en materia TIC – AXA tira proveito dos móbiles para mellorar a nosa condución – O Foro Unirede converte Pontevedra nunha grande rede social
Novo número da nosa edición impresa
Compartir Este Artigo

