O vindeiro venres 13 de decembro Cáceres acollerá as Xornadas Cénits -organizadas pola Fundación Computaex– ás que asistirá o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo. O presidente do CPEIG dará conta das oportunidades e retos da Enxeñaría Informática na sociedade actual nunha charla co título de Oportunidades e retos da Enxeñaría en Informática na sociedade actual. Cómpre engadir que Suárez Lorenzo tamén acudirá a Cáceres en calidade de vicepresidente do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría Informática.
A sexta edición das Xornadas Cénits terán lugar no Centro de Cirurxía de Mínima Invasión de Cáceres durante os días 12 e 13 do presente mes de decembro. O encontro está encamiñado a empresas, centros tecnolóxicos, estudantes, investigadores e innovadores. Varios expertos abranguerán temas de actualidade no eido da investigación e as novas tecnoloxías.
Para máis información sobre as Xornadas Cénits cómpre visitar a web habilitada.
O presidente do CPEIG participará nas Xornadas Cénits de Cáceres
Compartir Este Artigo
