A Escola de Organización Industrial e máis a Deputación da Coruña van pór en marcha un novo centro de innovación empresarial nesta cidade galega, máis polo miúdo do que se trata é dunha Factoría de Innovación destinada a potenciar a capacidade das nosas empresas para reinventarse a si mesmas, o mercado e as tecnoloxías que sustentan as súas e as nosas (os clientes) actividades. Esta Factoría, en palabras da Escola, facilitará que o noso tecido produtivo poña en marcha iniciativas innovadoras, contribuíndo a dinamizar a súa actividade produtiva e a facer ás propias firmas máis competitivas.
A presentación oficial da Factoría, na que participarán o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e o director xeral da Escola de Organización Industrial, Fernando Bayón, celébrase este martes 17 de decembro, a partir das 10.30, na sede do organismo provincial.
Este novo centro de innovación está co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. “Esta iniciativa”, engade a Escola máis en detalle, diríxese a “dotar ás nosas PEME das habilidades de xestión precisas e de apoio desde a xeración da idea ata a súa comercialización”. De maneira complementaria, desenvolverase un completo programa de máis de 50 actividades abertas cun claro compoñente práctico: modelos de negocio innovadores, visión global, deseño, tecnoloxía, orientación, financiamento, internacionalización, etc.
Programa da xornada de presentación
10:30h Benvida
Diego Calvo. Presidente da Deputación da Coruña
Fernando Bayón. Director xeral da Escola de Organización Industrial (EOI)
Enrique Hernández, Presidente da Fundacion EOI e Subsecretario do Ministerio de
10:45h Presentación do programa da Factoría de Innovación
Representante da Escola de Organización Industrial (EOI)
11:00h Relatorio: Innovación e Emprendimiento Interno
Jeff Butler. Editor (Special Topics) Technovation and MIoIR Associate
11:45h Relatorio: Innovación no Sector Servizos
Luís Veira. Árbore da Veira. Representante da cociña innovadora feita en Galicia
12:30h Networking
Industria, Enerxía e Turismo
A nova Factoría de Innovación galega preséntase este martes na Coruña nunha xornada de relatorios e networking
Compartir Este Artigo
