O Centro de Negocios do Porto do Molle acolleu recentemente unha xornada para escolmar os proxectos que formarán parte do acelerador de empresas VíaVigo. A cita contou coa presenza da delegada da Zona Franca, Teresa Pedrosa, acompañado polo comité técnico e os responsables das entidades colaboradoras. Presentáronse finalmente 18 proxectos de emprendemento, contando cada un deles con cinco minutos de exposicións e outros cinco para a quenda de preguntas. Perante súa, os emprendedores tiñan o reto de convencer aos presentes da idoneidade do seu proxecto empresarial para recibir fondos de capital-semente e ser seleccionados no pase á fase de academia de VíaVigo.
Segundo informou a Zona Franca previamente, os 10 proxectos que consigan dar o chimpo dunha fase a outra poderán recibir ata 50.000 euros cada un da sociedade de capital-risco Vigo Activo á que o Consorcio da Zona Franca dotou con dous millóns de euros para que se destinen unicamente ao cofinanciamiento de apoio a emprendedores.
Os asistentes á xornada estiveron de acordo no gran interese que atosouran todos e cada un dos proxectos presentados: “Ideas moi ben maduradas e plans de empresa viables para pór no mercado negocios como novas aplicacións para dispositivos móbiles (app) que cubrirían eidos que van desde o lecer ao turismo ou o sector sanitario, alimentos probióticos, solucións para mellorar a produción de viño, detectores de radiación, téxtil, comunicación audiovisual ou lámpadas de cartón, son algúns dos proxectos que se expuxeron neste demo day”, informan fontes do Consorcio da Zona Franca.
Pedrosa quixo resaltar que o oito proxectos que queden fóra poderán seguir contando co Consorcio xa que poderán instalarse nos seus viveiros de empresa e optar por separado á capital semente. Pedrosa tamén anunciou que en 2014 realizarase a segunda convocatoria de VíaVigo de xeito que cando os proxectos que agora se seleccionen estean na fase de aceleración, outros xa estean a empezar unha nova fase de escolma.
Os membros do comité técnico, pola súa banda, lembraron que Vía Vigo é unha aceleradora de empresas e emprendedores deseñada polo Consorcio da Zona Franca e que a través dela dáse soporte e asistencia a emprendedores e empresas en fase inicial a través dun programa de aceleración para o desenvolvemento, proporcionando capital semente, formación a través dunha rede de asesoramento, traballo en equipo, infraestrutura e asesoramento intensivo, co obxectivo de incrementar as posibilidades de éxito dos proxectos na súa implantación no mercado.
Agora, os 10 proxectos que se seleccionarán antes do día 20, accederán á fase de aceleradora: durante 6 meses traballarán os seus proxectos no espazo de coworking de VíaVigo en Porto do Molle cun experto equipo de asesoramento ata que estean listos para saír ao mercado e presentarse a outras roldas de investimento coas mellores garantías de éxito.
Novas aplicacións móbiles e achegas de comunicación audiovisual, entre as ideas que aspiran ao acelerador VíaVigo
Compartir Este Artigo
