
Como recordaremos, os galardóns de PortalProgramas diríxense a amosar os mellores programas e blogs do ámbito do código aberto aos usuarios e aos lectores (eles propoñen e eles votan). Este ano, informan os organizadores do certame, os internautas nomearon un total de 171 programas nas 10 categorías dispoñibles, e apoiándoos con case 14.000 votos.
A continuación, damos conta do resultado final das votacións.
Mellor Blog de Software Libre
Primeiro posto: Software Libre e Cooperación
Segundo posto: MuyLinux
Terceiro posto: OpenWebinars.net
Meirande Potencial de Medre
Primeiro posto: XeoPesca. Segundo informan dende PortalProgramas, este proxecto desenvolve unha aplicación de gran utilidade para patróns e armadores de PEME pesqueiras; permite rexistrar unha gran cantidade de información sobre caladoiros, localizacións, rutas de pesca… é a primeira ferramenta deste tipo en software libre que hai, e posibilita aos pescadores competir contra as grandes multinacionais que xa contan con sistemas avanzados de software privativo.
Segundo posto: Lzip
Terceiro posto: KDE Software Compilation
Mellor sofware libre para móbil
Primeiro posto: OsmAnd
Segundo posto: Sailfish VOS
Terceiro posto: Adblock Plus
Software libre máis popular
Primeiro posto: LibreOffice
Segundo posto: Firefox
Terceiro posto: Reprodutor VLC
Software libre máis revolucionario
Primeiro posto: XeoPesca. A xuízo de PortalProgramas, “nun mundo no que todo parece estar inventado e poderiamos pensar que non queda oco para proxectos novos, XeoPesca explota un nicho inexplorado no que ata agora só entraran caros programas privativos. Co seu proxecto pode potenciar moito a competitividade das PEME pesqueiras que tanto sofren contra a competencia das grandes multinacionais”.
Segundo posto: Lzip
Terceiro posto: GNU Health
Esencial para a Web
Primeiro posto: CentOS
Segundo posto: Adblock Plus
Terceiro posto: Apache
Esencial para a tecnoloxía
Primeiro posto: GNU/Linux
Segundo posto: Android
Terceiro posto: Gnome
Esencial para a comunicación
Primeiro posto: Pidgin
Segundo posto: Chamilo e-learning
Terceiro posto: WordPress
Esencial para redes de comunicación
Primeiro posto: Tor Project
Segundo posto: Debian
Terceiro posto: OpenNMS
Esencial para as empresas
Primeiro posto: OpenKM
Segundo posto: Lzip
Terceiro posto:
Xeopesca.com gaña dous premios da nova edición do certame de software libre de PortalProgramas
Compartir Este Artigo
