TVE, Telefónica Studios e Diagonal TV veñen de unir forzar para lanzar, en colaboración con Troy Digital, un produto tecnolóxico-audiovisual baseado na serie da canle estatal Isabel, de Jordi Frades. Trátase, máis en detalle, dun libro multimedia que serve de complemento á serie e que, segundo informan os responsables deste lanzamento, suma ao texto as posibilidades de comunicación que a tecnoloxía permite. Por exemplo, vídeos, ligazóns, galerías de fotos, cápsulas de información e recursos en liña.
Os seareiros das recreacións da que fora raíña no século XV terá ao alcance da man, polo tanto, a posibilidade de “explorar na historia atopando información sobre a sociedade, os costumes e a vida cotiá da época, información que lles permitirá situar a Isabel no seu tempo, así como, entender mellor a súa figura na Historia”. Ademais, informan,”obterá tamén contidos adicionais exclusivos referidos directamente á serie, como comentarios dos seus creadores sobre a rodaxe e os personaxes, galerías de fotografías ou as mellores secuencias seleccionadas”.
O libro multimedia en cuestión está xa dispoñible en iTunes e en 51 países.
Telefónica Studios e Troy lanzan un libro multimedia da serie Isabel
Compartir Este Artigo
