
O obxectivo deste recurso de seu é o de informar, asesorar, formar, avaliar e tramitar os manuais e procedementos precisos para que as empresas poidan exportar cumprindo a lexislación tributaria, a de tratamento e protección de datos e a do Banco de España en materia de comercio exterior, entre outras cousas. Trátase, informa Teijeiro, de botar unha man aos profesionais a obter a certificación das súas transaccións no estranxeiro. Lembra tamén que cada vez son máis os procedementos de oficio que a Axencia Tributaria inicia contra as empresas por supostas fraudes relacionadas co pagamento de impostos como o IVE ou o de sociedades nas exportacións. Para contribuír a evitar este tipo de cousas é para o que se pon e marcha Fidextrack, un dos tres proxectos seleccionados para estrear este curso a Piuvi-Tecnópole.
O seguinte chanzo, informa, é crear unha ferramenta on line externa de auditoría e certificación de comercio exterior para o cumprimento da normativa sectorial en materia de prevención do branqueo de capitais e de obrigas tributarias. O servizo desenvolverase coa participación dun contable e dun informático e apoiarase sobre dous elementos fundamentais e interrelacionados entre si: por unha banda unha base de datos na nube (onde se recollerá toda a información contable da empresa relacionada coas súas transaccións exteriores) e por outra banda un sistema de seguimento de mercadoría baseado nun XPS/microservidor integrado combinado con etiquetas RFID para a certificación en tempo real do posicionamento da mercadoría en tránsito no exterior. A idea é que Fidextrack, coa súa vertente TIC a pleno rendemento, sexa unha realidade nos vindeiros meses. O proxecto, informa Teijeiro, está agora na súa fase intermedia, desenvolvendo a ferramenta web.
O proxecto Fidextrack achegará dende Ourense novas tecnoloxías para afianzármonos nos mercados exteriores
Compartir Este Artigo
