Aínda que normalmente cando falamos de boas vendas de contidos dixitais a través de dispositivos de Apple estamos a falar de música, non é a única liña de produtos que parece estar a trunfan en formato dixital, e The Hollywood Reporter está a dar conta de que a aplicación para iOS de comiXology (tenda dixital de comics) conseguiu ser a aplicación distinta dun xogo con máis ingresos no iPad por terceiro ano consecutivo.
O director xeral e co fundador de comiXology, David Steinberger, declarou que “nun mercado de mil millóns de dólares no que compiten máis dun millón de aplicacións é gratificante cualificar como a aplicación distinta dun xogo para iPad de maior facturación en toda a App Store”, engadindo que 2013 foi un grande ano para a compañía, no que conseguiu vender máis de 6.000 millóns de páxinas de material, triplicando os datos do ano anterior.
Cómpre detallar que comiXology non só vende a través da súa aplicación para iOS, senón que tamén é a compañía detrás das tendas oficiais de Marvel Entertainment e DC Entertainment, as principais editoras de comics nos EE.UU.
comiXology tamén conta con aplicacións para Android e para Windows 8, así como versión web, e esta tenda de contidos en formato dixital evolucionou enormemente nos últimos anos, de xeito que agora xa non hai que agardar meses para poder gozar das novidades a través desta plataforma, senón que a meirande parte das obras estréanse simultaneamente en papel e dixital, e as obras dixitais tamén son susceptibles de ofertas e promocións, o que está a conseguir que cada vez conten cunha maior aceptación do público (ao que tamén axuda que non haxa que acudir a unha tenda especializada para poder facerse coas novidades, superando así as limitacións propias da distribución física dun produto de nicho).
Forte incremento da venda de comics para iPad
Compartir Este Artigo

