A empresa Norauto, cadea de autocentros especializados no mantemento integral e o equipamento de automóbiles, vén de ollar cara ao acadado en 2013 en materia de espallamento e consolidación da súa actividade. A compañía, que conta cun centro de distribución na Coruña (xunto con 62 máis en todo o territorio estatal), tivo unha facturación de 30 millóns en 2013 e prevé abrir tres novos puntos de venda en 2014. Polo que respecta á súa web, canle de venda en liña especializada en mantemento e equipos para vehículos, rexistrou cinco millóns de visitas en todo o ano pasado.
A idea é fortalecer a páxina con novos produtos á venda como bicicletas eléctricas e motos, cubrindo todo o preciso en materia de venda, asesoramento técnico, seguros, matriculacións, posta a punto e venda de accesorios.
Por produtos achegados en liña, Norauto sinala que “mentres que o 75% das vendas efectuadas a través da plataforma dixital corresponden á adquisición de pneumáticos e das súas prestacións relacionadas, salientan tamén as de produtos do confort, transporte e son”. Madrileños, cataláns, valencianos e sevillanos son os que máis empregan este servizo de venda online, “aínda que grazas aos diferentes servizos de entrega (recollida en centro, en punto pack ou envíos directos a domicilio), incrementouse o radio de acción a gran cantidade e provincias e en especial a Pontevedra, Cantabria e Badaxoz e outras provincias onde Norauto non está presente na actualidade”, explican fontes da compañía.
A web de Norauto rexistrou cinco millóns de visitas en todo 2013
Compartir Este Artigo
