A sentenza xudicial do Xulgado do Mercantil nº 6 da Audiencia Provincial de Barcelona que declaraba que o galego que responde ao alcume nito75 infrinxira os dereitos de propiedade intelectual das compañías discográficas demandantes e condenaba ao operador de telecomunicacións R a suspenderlle de xeito inmediato e definitivo o seu servizo de acceso á Internet quedará sen efecto segundo o comunicado publicado por R, no que detallan que a “devandita obriga resultará de imposible cumprimento, xa que dende R non podemos identificar a ningún cliente que se atope detrás de ningún nickname, como é o caso”.
Aínda que no texto do auto xudicial chega a detallarse o enderezo IP de nito75 (213.60.28.13), dado que estes números de identificación son dinámicos e non se especifica na resolución o día e a hora na Dtectnet constatou que o usuario estaba a compartir 5.097 ficheiros sonoros a través de “Directo Connect” (entendemos que hai unha errata ao referirse a Direct Connect), polo que resulta imposible realizar unha asociación entre a información achegada e unha liña de R, deixando sen efecto a resolución contra a compañía con sede na Coruña.
R non cortará o acceso á Rede ao usuario que compartía música a través da Internet
Compartir Este Artigo

