O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia segue adiante co seu incansable labor de achegar aos nosos profesionais aos recursos e metodoloxías de meirande proxección futura e que máis e mellor poden acaerlles aos seus currículos. Ben, desta volta toca falar dun seminario técnico sobre tecnoloxías LAN asociadas á nova versión CCNA, routing & switching. A actividade desenvolverase no CNTG o vindeiro 20 de febreiro, de 9.30 a 13.30 horas, no salón de actos do Centro.
A sesión parte de situar no contexto de certificacións CISCO a nova certificación CCNA, para abordar logo dende un punto de vista técnico os novos contidos tecnolóxicos que se incorporan nesta acreditación profesional. O relator da xornada será Javier Novoa, doutor en Informática pola Universidade de A Coruña onde é profesor do departamento TIC na área de Telemática e imparte as materias de Redes en Enxeñería Informática e Seguridade de Sistemas da Información no Máster de Enxeñería Informática. Lembrar que Javier Novoa é colaborador habitual do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia e formador oficial do programa Cisco Networking Academy no que imparte cursos de CCNA routing & switching, CCNA security e CCNP. Posúe, entre outras, as certificacións de CCNA, CCAI, CCNA Security e CCNP. O acceso ao seminario, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do CNTG, é de balde e condicionado ao aforo do local. prazo de inscrición estará aberto ata o día 19 de febreiro.
O CNTG organiza o día 20 de febreiro un seminario sobre redes ligadas á certificación CCNA
Compartir Este Artigo
