OINK!, a revista oficial do Xabarín Club que busca servir de publicación de referencia para os preto de 200.000 rapaces de entre 6 e 15 anos que hai en Galicia leva dende o pasado verán buscando sobrevivir nos quioscos, nun contorno moi complicado para o papel, e aínda máis se falamos dun público que carece do hábito de mercar publicacións impresas, de aí que os responsables desta iniciativa busquen o apoio da comunidade galega, aproveitando a Rede para tal fin, para o que iniciaron onte unha campaña de micromecenado en Verkami a través da que buscan captar 36.000 euros para o seu financiamento.
Este proxecto está programado para durar 40 días, nos que recollerán achegas que parten dos 3 euros, e que agasallará aos seus mecenas con recompensas como números da publicación, chapas, carteis e incluso cursos de banda deseñada no Garaxe Hermético. Como é habitual nas campañas de Verkami, intentarase aproveitar ao máximo a Internet para conseguir captar a atención sobre este proxecto de micromecenado que insta aos seus seareiros a gorlar oink!.
A revista OINK! persegue a súa continuidade a través do micromecenado
Compartir Este Artigo

