Os futuros empresarios formados na Universidade de Vigo que queiran optar a traballar nunha contorna controlada e segura, asesoramento empresarial e económico, axuda para a transferencia do coñecemento e gastos pagos durante un ano de estadía na incubadora universitaria poden optar anualmente aos Premios INCUVI-Emprende, dos que 6 proxectos atoparán acubillo nas instalacións de Vigo e 2 no Campus de Pontevedra, e o vindeiro 11 de febreiro darase a coñecer os candidatos que resultarán gañadores desta terceira edición dos Premios nun acto que comezará ás 12:00 horas no Edificio Miralles.

O acto de entrega dos Premios estará presidido polo reitor e inclúe un breve relatorio de un dos proxectos emprendedores que pasou o ano pasado pola pre-incubadora, MoNET, unha aplicación de tecnoloxías sen fíos para explotacións agrícolas, gandeiras e acuícolas.
O vindeiro día 11 entregaranse os Premios INCUVI-Emprende
Compartir Este Artigo
