O Clúster TIC Galicia reafirmou esta semana a súa total dispoñibilidade e compromiso para impulsar na nosa terra a fórmula da especialización intelixente. Unha estratexia, sinalou a alianza empresarial galega, “que é unha panca de desenvolvemento da nosa competitividade”. Esta arela de traballar polo impulso ao noso tecido TIC foi dada a coñecer esta semana nun almorzo de prensa organizado polo IGAPE en Vigo e no que participaron os responsables de seis clústers da nosa terra, incluída Rosa Méndez, xerente do que representa ao noso sector tecnolóxico-dixital.
Méndez salientou na xuntanza que a especialización intelixente “é a guía que orienta as prioridades da organización, co obxecto de impulsar o noso desenvolvemento dende as súas propias fortalezas e os seus recursos de coñecemento”.
A xerente do Clúster TIC lembrou que a plataforma puxo en marcha xa un proceso colectivo e liderado polos socios para desenvolver o devandito proxecto de especialización intelixente dea entidade. Asemade, Méndez puxo de relevo que a acreditación europea de excelencia Bronce Label obtida polo Clúster TIC é a “ nosa tarxeta de presentación na Unión Europea”. E ter unha boa tarxeta de presentación, engadiu, é imprescindible para acceder plenamente aos programas de apoio da UE, programas como por exemplo Horizonte 2020, “unha iniciativa que reflicte o interese de Bruxelas por impulsar as PEME ofrecéndolles importantes oportunidades de financiamento”. Méndez pechou a súa intervención lembrando que a vindeira semana o Clúster TIC organiza unha xornada para xerar ideas “que deberan cristalizar en proxectos abeirados ao Horizante 2020”.
O Clúster TIC Galicia aposta pola especialización intelixente
Compartir Este Artigo
