
Ovidio Rodeiro resaltou que “os datos que se soben a Internet, como comentarios ou fotografías, poden permanecer na rede durante moito tempo, aínda mesmo despois de eliminalos, de aí a importancia de coidar os datos persoais, preservar a intimidade e, en ningún caso, publicar contidos que poidan ferir a outras persoas”.
Esta acción formativa comeza cunha enquisa previa sobre o uso e as actitudes dos mozos e mozas en relación coas redes sociais e os dispositivos e aplicacións que utilizan para comunicarse, como o smartphone ou o WhatsApp. A través deses datos reflexiónase cos alumnos sobre os seus coñecementos en materia de seguridade dixital, centrándose en materias como a lectura dos contratos de servizo das aplicacións, as opcións de privacidade ou os contrasinais seguros, entre outros.
Ademais, neste obradoiro tamén se tratan aspectos relacionados cun uso responsable das redes sociais, como o número de persoas agregadas, o tipo de foros engadidos, os criterios para decidir quen pode visitar o perfil e os principios básicos para unha ciberconvivencia construtiva e saudable.
Durante 2013 preto de cinco mil mozos galegos participaron nun obradoiro sobre uso seguro das TIC
Compartir Este Artigo
