
Esta nova entrega do concurso (que contou co apoio de EducaBarrié, da Fundación Barrié, e que se desenvolveu entre os días 10 e 14 de febreiro na Coruña) bateu récords de participación. De feito, consolidouse como un dos nosos maiores concursos escolares ao contar coa presenza de preto de 1.300 estudantes-investigadores.
Segundo nos conta Manuel Díaz Regueiro, principal impulsor deste importante certame, unha vez máis quedou claro que o Concurso Galego de Robótica é tamén, amais dun concurso, un interesante e multidireccional foro de coñecemento. “O noso certame”, explica, “distínguese porque tódolos participantes, gañadores ou non, saen satisfeitos del e con meirandes e máis amplos coñecementos sobre programación de exercicios de robótica, sobre xeitos e metodoloxías de traballo colectivo e sobre as implicacións deste tipo de investigación como materia para o seu futuro laboral”. Díaz Regueiro tamén salienta que os centros participantes dos gañadores proceden de tódolos recantos da nosa terra.
· Categoría 2º e 4º de ESO
1. IES A Cachada de Boiro 56 puntos
Antía Dieste Galván
Diego Fernández Vázquez
Jesús López Fernández
Alexis Mosquera Cespón
Profesora Ana Moreiras
2. IES Ramón María Aller de Lalín, 52 puntos
Alex Rivas Carral
Alejandro Santorum Varela
Andrea Vila Batán
Profesor Javier Enjamío Castro
3. IES Ramón Otero Pedrayo de Ourense, 50 puntos
Miguel Seguín Rodríguez
Víctor Pérez Guede
Óscar Soto Méndez
Brais Gerpe Vilas
Hugo Varela García
Jorge Fernández Pazo
Profesor Fernando del Río Vázquez
· Categoría Bacharelato e Formación Profesional, CM
1. IES Perdouro de Burela, 66 puntos
Francisco Arturo Fernández Salgeiro
Joao Claudio Landim Correia
Claudemir Hilario Lopes Rodrigues
Profesora Margarita L. Periago
2. IES San Tomé do Freixeiro de Vigo 45 puntos
Laura González Pérez
Adrián García Rodríguez
Pablo Costas Gómez
Ana Cortés Román
Marcos Lago Ramilo
Profesor Sergio Vázquez
3. IES Francisco Asorey de Cambados 43 puntos
Santiago Escudeiro Vázquez
Marcos Daporta González
Ariadna Cordal
Javier Estévez
Javier Carou Trigo
Profesor Ricardo Paredes
· Categoría Primaria-1º de ESO
CPI de San Sadurniño
Antón Castro Charlón
Xabier Fonseca Cebreiro
Samaín Soto Amorín
Profesora María Estraviz
