A primeira Competición de MachineStruxure convocada pola multinacional francesa Schneider Electric saldouse cunha importante vitoria da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo, que conseguiu tal recoñecemento grazas ao proxecto dun deseño de impresora 3D con parámetros industriais que buscaba crear unha máquina capaz de realizar pezas de grande tamaño sen defectos provocados pola propagación de erros de traxectoria e cun consumo de tempo o máis axustado posible, o que redundaría nun aforro de custos de material e de consumo de enerxía e tempo. Esta solución para a creación de pezas de plástico PLA en 3 dimensións está concibida para permitir o cálculo exacto e automático do custo que supón a realización de cada peza.

O proxecto vigués resultou gañador de entre once propostas de universidades de todas España.
Un proxecto de impresora 3D da Universidade de Vigo gaña unha competición de ámbito estatal
Compartir Este Artigo

