
Para poder gozar desta nova tarxeta Orange Cash non é preciso contar con conta bancaria, xa que funciona cos números de teléfono de Orange, e en breve estreará as aplicacións correspondentes para Android e iOS que faciliten a xestión desta tarxeta dende o smartphone.
Entre as vantaxes deste tipo de tarxeta está a súa seguridade (por non estar vencellada a unha conta bancaria), facilita o control do gasto (pois a tarxeta precisa de recargas) e pode xestionarse tanto vía web como a través das súas aplicacións móbiles.
A tarxeta física conta con banda magnética e chip EMV para facilitar o seu uso en case todos os establecementos comerciais actuais, aínda que tamén destaca por contar con tecnoloxía para permitir o pagamento sen contacto en preto de 2 millóns de establecementos repartidos en 63 países.
A tarxeta Orange Cash é de balde, sen cotas nin comisións anuais, tendo custo só no momento de recargar o saldo na tarxeta. Como incentivo, os primeiros 5.000 clientes que empreguen o servizo contarán con 10 euros adicionais de balde para realizar compras.
Orange ofrece aos seus clientes tarxetas MasterCard de prepagamento
Compartir Este Artigo

