O éxito tardío dalgúns xogos é doado que nos pille por sorpresa, e tras o fenómeno creado por Flappy Bird, nas últimas horas tivemos unha nova sorpresa, pois o xogo para iOS Talking Angela de Outfit7 (na liña das aplicacións do popular gato falador Tom) pese a ter máis dun ano, disparou a súa popularidade ata chegar ás primeiras posicións de aplicacións de balde na App Store, o que parece ser froito dun bulo que asegura que esta ferramenta está a empregarse para conseguir información persoal de cativos por parte de pedófilos (rumor sen ningún fundamento).
Esta curiosa aplicación permítenos conversar cunha gata chamada Angela, mediante texto, pero tamén podendo facer uso da cámara e o micrófono do noso dispositivo móbil, conseguindo certa interacción automatizada que fai divertidos a boa parte das apps eu seu desenvolvedor (que causan furor entre os cativos). Como todas as anteriores producións do estudio chipriota Outfit7, estamos ante unha aplicación segura, levando incluso á empresa de seguridade Sophos a publicar unha nota nun dos seus blogs para deixar claro que Talking Angela non supón ningún perigo, para que os pais que vexan o bulo que circula principalmente a través de Facebook non os preocupe.
Trailer de Talking Angela
Dispáranse as descargas de Talking Angela por mor dun bulo
Compartir Este Artigo

