A Coruña acolleu este xoves a celebración de Microsoft na túa cidade, un evento gratuíto de balde con feitura de obradoiro dirixido aos socios galegos da compañía. A cita formou parte dun ciclo de visitas que percorre oito cidades do Estado, “nas que se a compañía ofrece todo o apoio posible ás empresas e profesionais e estudará os escenarios para analizar as diferentes oportunidades de comercialización”. En termos máis concretos, a empresa responsable de Windows, en colaboración cos seus socios HP, Intel e Nokia, e mailos almacenistas Esprinet, GTI, Ingram Micro e Tech Data, presentou un obradoiro de transformación “onde os asistentes tiveron a oportunidade de ver como traballa unha PEME a día de hoxe”. Ou sexa: como traballa unha PEME que bota da man das ferramentas de Microsoft en combinación co hardware dos devanditos fabricantes.
O obxectivo deste taller práctico, informa a compañía, “é dar a coñecer aos profesionais galegos as últimas solucións tecnolóxicas na nube que mellor lle poden acaer ás súas necesidades, como por exemplo Microsoft Office 365, que garante total mobilidade grazas á súa integración con Surface e Windows 8 e unha experiencia de cliente personalizada e eficaz con CRM Online”. Segundo explica a conto desta xira David Negrete, director da área de PEME de Microsoft Ibérica, “as empresas procuran hoxe en día alternativas para ser máis competitivas e unha das claves para acadalo é a tecnoloxía na nube”. Isto, sinala, implica ante todo que paguemos só polo que usemos, unha cuestión que nos tempos que corren, engade, é ante todo esencial. E engade: “Queremos facer partícipes aos nosos socios e clientes deste cambio de modelo e dos beneficios asociados”.
Microsoft amosou na Coruña como traballa unha PEME que bota man dos seus servizos
Compartir Este Artigo
